
A Clínica Xurídica “Xustiza Social” é unha proposta docente que proporciona ós estudantes a posibilidade de traballar en casos reais, realizando as súas prácticas ou traballos académicos en entidades orientadas á atención de persoas en situación vulnerable.
Na Clínica Xurídica “Xustiza Social” da UDC traballamos en distintos proxectos, nos que os estudantes poñen os seus coñecementos ó servizo dos usuarios mediante a metodoloxía de Aprendizaxe por Servizos, supervisados polos titores académicos e profesionais. Os traballos teñen o recoñecemento académico correspondente, segundo a modalidade escollida (prácticas curriculares, traballo fin de grao, etc.). Cada proxecto é avaliado e certificado anualmente pola UDC, para garantir que cumple cos requisitos de calidade necesarios.
A clínica está adscrita á Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, e colabora con distintas entidades públicas e privadas, coas que previamente se subscriben convenios de colaboración.
Proxectos
Actualidade
II Xornadas Clínica Xurídica 2024
Os días 17 e 18 de novembro realizaranse as II Xornadas de formación no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Para máis información e inscricións contacta con clinica.xuridica@udc.gal
II Xornadas Clínica Xurídica UDC
Visita á Clínica Xurídica da Universidade de Florencia
A directora e a subdirectora da Clínica Xurídica da Universidade da Coruña desplazáronse a Florencia (Italia) do 16 ao 19 de maio de 2023. A Clínica Xurídica da Universidade de Florencia convidounas a impartir unha sesión explicativa sobre a nosa clínica. Ademais tiveron a oportunidade de coñecer o funcionamento dos distintos proxectos que se desenvolven…
Visita ó Campus de Ferrol para nenos que asisten a programas de apoio escolar
O venres 24 de febreiro, a Clínica Xurídica Xustiza Social organizou unha visita ó Campus de Ferrol para nenos que asisten a programas de apoio escolar en entidades colaboradoras da clínica. A Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Mª Jesús Movilla,e a Directora do Campus Industrial, Ana Ares, facilitaron esta visita e prepararon…


