
A Clínica Xurídica “Xustiza Social” é unha proposta docente que proporciona ós estudantes a posibilidade de traballar en casos reais, realizando as súas prácticas ou traballos académicos en entidades orientadas á atención de persoas en situación vulnerable.
Na Clínica Xurídica “Xustiza Social” da UDC traballamos en distintos proxectos, nos que os estudantes poñen os seus coñecementos ó servizo dos usuarios mediante a metodoloxía de Aprendizaxe por Servizos, supervisados polos titores académicos e profesionais. Os traballos teñen o recoñecemento académico correspondente, segundo a modalidade escollida (prácticas curriculares, traballo fin de grao, etc.). Cada proxecto é avaliado e certificado anualmente pola UDC, para garantir que cumple cos requisitos de calidade necesarios.
A clínica está adscrita á Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, e colabora con distintas entidades públicas e privadas, coas que previamente se subscriben convenios de colaboración.
Proxectos
Actualidade
Xornadas de formación: 15 e 16 de decembro no Salón de Graos da Facultade de Dereito
Os días 15 e 16 de decembro realizaranse unhas Xornadas de formación no Salón de Graos da Facultade de Dereito. Para máis información e inscricións contacta con clinica.xuridica@udc.gal


