2020
1º Premio UDC ós traballos Fin de Grao e Máster en cooperación para o desenvolvemento 2020 convocados pola Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña. Segundo premio outorgado ó TFG “Desahucio y situación de riesgo de exclusión social” elaborado por unha alumna da Clínica Xurídica “Xustiza Social”.
2021
II Premios a proxectos de Innovación Docente en Aprendizaxe convocados pola Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación e a Vicerreitoría de Planificación Académica e Innovación Docente da Universidade da Coruña. Os profesores Carmen Garcimartín Montero, Rocío Quintáns Eiras e Xosé Manuel Carril Vázquez; directora, subdirectora e secretario, respectivamente, da Clínica Xurídica “Xustiza Social” foron galardonados co segundo premio co proxecto “Asesoría Jurídica a familias, colectivos y personas en riesgo de pobreza o exclusión social”.

II Premio UDC ós traballos Fin de Grao e Máster en cooperación para o desenvolvmento 2021 convocados pola Vicerreitoría de Internacionalización e Cooperación da Universidade da Coruña. Segundo premio outorgado ó TFG “Protección internacional, precariedad laboral y problemas de vivienda” elaborado por un alumno da Clínica Xurídica “Xustiza Social”.
2022
Os proxectos da Clínica Xurídica “Xustiza Social” obteñen o distintivo de proxectos de excelencia UDC.
A Red española de Clínicas Jurídicas, da que forma parte a Clínica Xurídica “Xustiza Social” é galardonada co premio outorgado polo Consello Social da Universidad Miguel Hernández de Elche como recoñecemento á labor de cooperación desenvolvida no ámbito do proxecto Acción por Ucrania.
