Visita ó Campus de Ferrol para nenos que asisten a programas de apoio escolar


O venres 24 de febreiro, a Clínica Xurídica Xustiza Social organizou unha visita ó Campus de Ferrol para nenos que asisten a programas de apoio escolar en entidades colaboradoras da clínica.

A Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Mª Jesús Movilla,e a Directora do Campus Industrial, Ana Ares, facilitaron esta visita e prepararon unha xornada que foi de grande interese para os asistentes. Recibiron ós estudantes nas instalacións da Vicerreitoría e ofrecéronlles unhas palabras de benvida. A continuación, visitaron varios laboratorios, donde os profesores responsables lles explicaron as investigacións que levan a cabo.