Publicacións

Clínicas jurídicas españolas: propuestas y desafíos

Nesta obra recóllense as experiencias de vinteunha Clínicas Xurídicas. O movemento clínico legal comezou en España hai uns anos coa finalidade de fomentar nas nosas aulas un estudo máis práctico a partir de casos reais relacionados con colectivos desfavorecidos ou marxinados. A obra xurdiu co propósito de encher un vacío e supuxo unha reivindicación hacia outra forma de aprender Dereito, constituíndo unha clara aposta pola educación xurídica clínica nun intento de contribuir a un cambio na ensinanza do Dereito. Con esta obra o que se pretende é dar a coñecer o que se fai e cómo se traballa nas Clínicas Xurídicas, cuxa cifra vai aumentando cada ano.

Clínicas jurídicas: otra forma de aprender. La experiencia en España, Italia y Estados Unidos

Esta obra ten a súa orixe nunha Xornada organizada pola Clínica Xurídica “Xustiza Social” da Universidade da Coruña en decembro de 2022. O mundo das clínicas xurídicas das Unviersidades españolas é unha realidade á vez descoñecida e puxante. As dificultades que deben aforntar –a súa institucionalización, financiamento, recoñecemento académico e docente, etc.- non son obstáculo para que, ano tras ano, desenvolvan proxectos de calidade e alto impacto social. A primeira colaboración deste libro recolle a conferencia de apertura da Xornada. Nos restantes capítulos, os protagonistas –profesores, estudantes e titores- relatan experiencias desenvoltas en clínicas xurídicas españolas e estranxeiras, que poñen de manifesto o compromiso das universidades, e en particular da Universidade da Coruña, de retornar á sociedade unha parte do que dela reciben.