Presentación
A Clínica Xurídica “Xustiza Social” inicia unha nova liña de traballo no curso académico 2022-2023 coa sinatura, en febreiro de 2023, do convenio de colaboración entre a UDC e o Consorcio das Mariñas.

Este novo proxecto ten dúas dimensións. Por unha parte posibilítase o desenvolvemento do traballo fin de Grao (TFG), integrando a dinámica da metodoloxía de Aprendizaxe-Servizo (ApS) e, por outra banda, permite a realización de prácticas (curriculares ou extracurriculares) por parte do alumnado nos Servizos Sociais das corporacións municipais que forman parte do Consorcio. No curso académico 2022-2023, coa posta en marcha desta iniciativa, os estudantes combinaron a atención directa ós usuarios de Servizos Sociais nos Concellos de Culleredo, Carral e Bergondo co traballo autónomo na resolución de casos reais.
A finalidade última deste novo espazo é, seguindo coa liña de proxectos anteriores, potenciar as capacidades do alumnado para trasladar os coñecementos teóricos á resolución de problemas concretos.
Actividades realizadas
Prácticas extracurriculares
- Traballo autónomo e resolución de casos reais na sede do Consorcio, abordando aquelas cuestións que se lles presentaron, buscando a normativa e xurisprudencia aplicable e redactando escritos en diferentes materias.
- Colaboración directa co personal dos Servizos Sociais na resolución de consultas en materias variadas tales como estranxeiría, dereito internacional privado, discapacidade , prestacións contributivas e de subsistencia, arrendamentos urbanos, procedemento xudicial de execución hipotecaria, sucesións, divorcio e medidas paterno filiais, violencia de xénero, dereito do traballo…etc.
Participantes
Titores académicos
- Carmen Garcimartín Montero
- Rocío Quintáns Eiras
- Xosé Manuel Carril Vázquez
Titores profesionais
- Marta Fernández Triana (Asesora Xurídica do Consorcio As Mariñas)
- María Victoria Fernández Gamboa (Asesora Xurídica do Consorcio As Mariñas)
- María Álvarez Peteiro (Asesora Xurídica do Consorcio As Mariñas)
Estudantes
Curso 2022-2023
- 3 estudantes
