Presentación
No marco da responsabilidade social da Universidade da Coruña, desde o curso 2017-2018 desenvólvese un proxecto de aprendizaxe por servizos (ApS) que ten como finalidade prestar un servizo á comunidade a través da realización de prácticas. Os estudantes do grao en Dereito da UDC que opten por realizar prácticas externas, teñen a posibilidade de adquirir competencias xurídicas e sociais á vez que mitigan, por medio do asesoramento xurídico, situacións de extrema necesidade da poboación máis desfavorecida que acode á organización sen ánimo de lucro Cáritas. Esta práctica, vese reforzada no curso 2019-2020, momento no que se incorpora unha nova materia en ApS que posibilita a realización do traballo fin de Grao (TFG) e posteriormente do traballo fin de máster (TFM) nesta modalidade de aprendizaxe.
Deste modo, os estudantes consiguen unha experiencia práctica real, mediante un traballo autónomo na área xurídica. Esto permítelles apreciar mellor as súas fortalezas e carencias, así como as habilidades adquiridas durante os estudos de grao.
Respecto ós colectivos nos que interveñen, búscase unha mellora da súa situación a través das axudas e programas das entidades competentes. Aunque o obxectivo inmediato sexa clarificar a súa situación e facilitar o acceso ás axudas, trátase tamén de facilitarlles a información necesaria para que as persoas implicadas poidan chegar a autoxestionar a súa situación.

Actividades realizadas
A base deste proxecto é o asesoramento que prestan os estudantes a aquelas persoas que acoden a Cáritas a solicitar axuda. Son moitas e moi diversas as problemáticas e dificultades coas que se atopan estas persoas no seu día a día e a finalidade da clínica non é outra que contribuir á mellorar a súa calidade de vida. Este proxecto nace dun patrón constante que durante anos e como profesionais do dereito vimos observado e é que ás dificultades económicas e de integración social súmanse outro tipo de obstáculos, os burocráticos. Por este motivo, ademáis de responder a aquelas cuestións particulares que lle presentan os usuarios, os nosos estudantes elaboran diversos materiais que serven de base a estas persoas para facer valer os seus dereitos ante as administracións públicas e/ou entidades público/privadas.
No curso 2019-2020, con motivo da situación sanitaria provocada pola COVID-19, o alumnado non puido acudir de forma presencial a realizar as súas prácticas. Cáritas manifestounos que a pandemia golpeaba con máis forza ós máis desfavorecidos, os usuarios en busca de auxda multiplicáronse, polo que acordamos cos traballadores sociais dos centros implicados que nos enviasen as consultas xurídicas máis urxentes, para que o noso alumnado tratase de darlles resposta xunto coa supervisión dos titores responsables da Universidade. Froito da necesidade inmediata que existía naquel momento de resolver as súas dúbidas por mecanismos non presenciais, xurdiu unha nova iniciativa, a elaboración de guías informativas que en función da temática ofrecerían unha información práctica particular das cuestións que máis dúbidas suscitaban.
Nos cursos seguintes, a clínica xurídica mantivo a metodoloxía de consulta-resposta e a elaboración de guías de apoyo por parte do estudantado.
Materiais
Trípticos
Guías
- Curso 2017-2018
- Curso 2019-2020
- Curso 2020-2021
- Curso 2021-2022
Participantes
Titores académicos
- Carmen Garcimartín Montero
- Rocío Quintáns Eiras
- Xosé Manuel Carril Vázquez
- Eloy Gayán Rodríguez (curso 2017-2018)
Titores profesionais
- Isabel Colinas: responsable do centro de atención primaria Cáritas A Coruña
Estudantes
- CURSO 2017-2018
- 4 estudantes
- CURSO 2018-2019
- 6 estudantes
- CURSO 2019-2020
- 6 estudantes
- CURSO 2020-2021
- 6 estudantes
- CURSO 2021-2022
- 5 estudantes
