Proxecto Acción por Ucrania


Presentación

A raíz da invasión de Ucrania, as Clínicas Xurídicas integradas na Red española de Clínicas Jurídicas, acordamos unha Declaración conxunta de condena ante esta terrible crise humanitaria, e decidimos levar a cabo unha acción común para contribuir a axudar, na medida do posible, á poboación ucraniana que foi chegando a España para facilitarlle o exercicio dos seus dereitos.

Neste senso, as Clínicas Xurídicas, elaboramos unha Guía por Comunidades Autónomas que recolle información sobre o acceso á asistencia sanitaria, á educación e o traballo. Tamén incorporamos información sobre as medidas de protección a menores ucranianos que chegan sen acompañamento a España.

Con esta acción, as Clínicas Xurídicas, como espazos universitarios nos que se involucra a estudantes e docentes no desenvolvemento da función social dos estudos xurídicos, expresamos o noso compromiso cos dereitos humanos e solidarizámonos coa poboación ucraniana.

Actividades realizadas

Jornada de Presentación de la Red Española de Clínicas Jurídicas de la Guía de trámites y recursos para la población desplazada por la guerra en Ucrania: ACCIÓN POR UCRANIA.

Materiais

Declaración conxunta

Guía de acogida a ucranianos

trípticos

Protocolo de atención a las personas desplazadas de Ucrania

Participantes

Titores académicos:
  • Carmen Garcimartín Montero
  • Rocío Quintáns Eiras
  • Xosé Manuel Carril Vázquez
Estudantes:
  • CURSO 2021-2022
    • 2 estudantes

Resultados

O traballo coordinado de 98 estudantes de 18 Clínicas Xurídicas, guiados por 38 titores, culminou na elaboración dun compendio de documentación sistematizado por Comunidade Autónoma que, dentro do limitado da nosa intervención, facilitou o acceso e o exercicio dos dereitos máis básicos para a poboación desprazada polo conflito armado que ía chegando a diversas partes da xeografía española.

Na Clínica Xurídica “Xustiza Social”da Universidade da Coruña, tal e como xa se fixo na pandemia, coa elaboración das guías xurídicas de apoio a colectivos vulnerables, este traballo aportou un valor engadido á formación dos estudantes, pois foron capaces de dar resposta en pouco tempo a unha necesidade urxente ó tempo que afondaban no seu compromiso social.

Este labor de cooperación foi recoñecida co premio outorgado polo Consello Social da Universidade Miguel Hernández (Elche) á Red española de Clínicas Jurídicas.